miércoles. 02.07.2025

O BNG denuncia que os orzamentos da Xunta discriminan a Valdeorras

Vilasánchez: «Imos protestar, presionar e facer todos os movementos que sexan posibles para que nestes orzamentos se contemple una base medicalizada do 061 para Valdeorras»
p_somoscomarca_231024_obarco_politica_bng_orzamento_albert_susosvilasanchez
O BNG denuncia que os orzamentos da Xunta discriminan a Valdeorras

A alcaldesa da Rúa, María Albert; o voceiro do grupo municipal do BNG do Barco de Valdeorras, Xesús Vilasánchez e o deputado provincial do BNG, Xosé Manuel Puga, compareceron ante os medios para denunciar «a histórica discriminación institucional que o PP exerce contra os concellos da comarca desde a Xunta de Galiza e a Deputación provincial, como se reflexa nos orzamentos da Xunta de Galiza para 2024».

A alcaldesa da Rúa así o afirmou sinalando que «os orzamentos de 2024 da Xunta de Galiza confirman o abandono de Valdeorras» sinalando que o que demostran os orzamentos presentados o pasado día 20  polo actual goberno da Xunta de Galiza, non é máis que a constatación do que o BNG leva dicindo desde fai anos, que «é un goberno esgotado, sen propostas nin alternativa aos problemas reais da comarca de Valdeorras».

Albert resalto na comparecencia que pese a ser uns orzamentos que crecen, «non teñen ningunha repercusión na nosa comarca». Considera que se debería focalizar as necesidades en tres piares: sanidade, comunicacións e desenvolvemento económico.

No que se refire a sanidade puxo enriba da mesa a falta de servizos e persoal no hospital valdeorrés e a deficiencia presupostaría «algo menos de medio millón de euros destinadas as obras do hospital». O novo centro de saúde da Rúa tamén lle preocupa xa que «este mes caduca o permiso de licenza» e «o orzamento non está singularizado nos presupostos».

Reclama a alcaldesa a inversión en comunicacións xa que «o plan de transporte non cubre en absoluto as necesidades de comunicación da comarca». E respecto ao desenvolvemento económico subliñou a desidia da xunta para arranxar o conflito da pizarreira e insistiu na xestión do territorio —tanto no que ten que ver cos incendios como no dos parques eólicos— no que respecta ao desenvolvemento medio ambiental

«Das eternas promesas feitas durante anos, apuntaba a alcaldesa nacionalista, para 2024 só figura unha pequena partida de 436.000 € para actuacións no hospital do Barco e unha declaración de intencións sobre o centro de saúde na Rúa, e que figura na memoria anexa do Sergas,  porén sen ningunha dotación orzamentaria concreta. E en canto a infraestruturas, mais alá de pequenos arranxos e «parches» que poden vir de partidas xerais de investimentos, só se recolle a mellora da OU-533».

Neste sentido tamén se pronunciou o voceiro do BNG do Barco de Valdeorras facendo fincapé na baixa orzamentación para o hospital do Barco e que se «basea en reformas». «Nin hai máis médicos nin hai máis medios, nin se atende a máis pacientes. O único que se fai son reformas», recalcou.

Sinalou Vilasánchez a necesidade dunha base medicalizada do 061 en Valdeorras e avanzou que o BNG vai «pedir unha unidade de pneumoloxía potente, non pode ser que a comarca que máis enfermos de silicose e pneumocomiose que máis enfermos da do estado español careza de este tipo de servizos».

O deputado provincial do BNG, Xosé Manuel Puga, sinalou que desde o grupo provincial de Ourense se traballa para correxir a infrafinanciación coa que o PP da Deputación de Ourense dotou historicamente aos concellos da comarca Valdeorresa

«Comezando na Deputación por defender e propoñer un plan único provincial 2024 dotado de 25 M€»,  un modelo de financiamento municipal baseado no reparto de fondos proporcional e en base a criterios obxectivos, xa definidos pola FEGAMP, para que todos os concellos e con respecto á atuonomía municipal poidan planificar e decidir en que invisten. 

«Con este modelo de financianciación obxectiva, para a comarca suporá 2.3 millóns de euros ano. “O concello que menos recibiría superaría os 130.000€ ano, o que máis 450.000€ ao ano” exemplificaba o deputado nacionalista.  Fronte ao actual modelo de financiación provincial baseado na aleatoriedade e na subxectividade que caracterizou aos gobernos do PP na Deputación de Ourense, os nacionalistas promoven un modelo garantista que permita aos gobernos municipais unha  previsión orzamentaria desde e comezo de ano».

«Co novo panorama municipal e provincial do BNG tras as municipais desde ano, cunha maior presencia e incidencia municipal nos concellos de Ourense O BNG presentará propostas e emendas aos orzamentos da Xunta , deputación Provincial e Goberno do Estado, en canto se presenten», poñen de manidesto.

«Imos desenvolver todo este traballo en positivo, sentenciou o deputado provincial do BNG, co obxectivo claro de dar a alternativa a este goberno caduco do PP a partir do 2024», conclúen.

O BNG denuncia que os orzamentos da Xunta discriminan a Valdeorras