martes. 24.06.2025

Aberto o prazo para as axudas de material escolar no Barco

Pódense solicitar até o próximo 30 de xuño. Están destinadas ao alumnado matriculado no municipio no segundo ciclo de Educación Infantil 
somoscomarca_campamento_vagalume_niños_condesa_Verano__2022-07-01 (2)
Aberto o prazo para as axudas de material escolar no Barco.

As bolsas municipais para adquisición de libros de texto e material escolar para o segundo ciclo de infantil —para o próximo curso 2024-2025— xa están abertas até o próximo 30 de xuño. Para poder solicitar ditas axudas pode facerse a través da sede electrónica do Concello do Barco ou por rexistro de entrada. 

É necesario cumprir os seguintes requisitos

  • Estar matriculado nun centro do Barco no segundo ciclo de Educación Infantil
  • Que os alumnos e os pais/representantes legais estean empadroados no Barco ou teñan alí residencia efectiva
  • Que a renda familiar sexa inferior a 21.000 euros anuais/netos ou, superando esa cantidade non exceda a Renda Per Cápita da unidade familiar de 4.630 euros
  • Non ter recibidas nin solicitadas outras axudas polo mesmo concepto

O resto de condicións poden consultarse no Boletín Oficial da Provincia do pasado 5 de xuño. Para máis información pode contactarse co departamento de Servizos Sociais do Concello ou no teléfono 988 32 02 02 ext 2168.

Aberto o prazo para as axudas de material escolar no Barco