A matriculación para o campamento Vagalume, entre o 21 e 25 de xuño
18 de junio de 2021 (18:32 h.)
As familias poderán recoller os impresos de matriculación na planta baixa do Edificio Multiusos
As matriculacións para o Campamento de Verán "8 semanas en Barco" poderán realizarse a partir do próximo luns, 21 de xuño. As familias dos nenos e nenas que finalmente conseguiron praza para esta actividade poderán recoller desde ese día os impresos de matriculación na planta baixa do Edificio Multiusos.
Unha vez feita a matriculación e abonadas as taxas no banco, deberán entregar toda a documentación no mesmo lugar, coa data límite de 25 de xuño.
A lista definitiva de admitidos está colgada no facebook do Concello, e nas cristaleiras da planta baixa do Multiusos do Concello do Barco.