lunes. 23.06.2025

A área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco recibirá 29 millóns de euros para prestación servizos de uso común

Os que están recollidos neste acordo marco resultan imprescindibles para dar unha axeitada asistencia sanitaria a pacientes do Servizo Galego de Saúde con carácter complementario aos propios 
portada

O Goberno galego autorizou a contratación, polo Servizo Galego de Saúde, do Acordo Marco mediante procedemento aberto con varios adxudicatarios da prestación de servizos sanitarios da área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, que atende a unha poboación de preto de 300.000 cidadáns. O orzamento de licitación é de 29.025.000 euros.

Esta contratación, que conta cunha duración de catro anos, ten como finalidade a prestación de servizos sanitarios á poboación, tanto de tipo preventivo como asistencial e rehabilitador, de especial relevancia debido ao aumento da esperanza de vida, á cronicidade dos procesos e á presenza de dependencia e de discapacidades.

O obxecto do presente acordo é fixar as condicións que terán que axustarse os provedores de servizos sanitarios que se vaian seleccionar, os prezos unitarios máximos e fixar o procedemento de adxudicación dos contratos.

Os servizos sanitarios que se proporcionarán á poboación inclúen as seguintes prestacións: procesos área médica; procesos cirúrxicos de alta, media e baixa complexidade; procesos cirúrxicos sen sangue; cirurxía menor ambulatoria; cirurxía maior ambulatoria; próteses implantables; terapia de logopedia; procedementos de diagnóstico ambulatorios; neurorehabilitación e consultas.

A área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco recibirá 29 millóns de euros para...