martes. 10.06.2025

500.000 euros para a ampliación da Escola Infantil do Barco

O alcalde do Barco, Alfredo García, asinou na mañá do venres día 2 de novembro coa empresa Construcións Ropán, S.L., o contrato para a realización das obras de ampliación da Escola Infantil Municipal, adxudicadas en algo máis de 500.000 euros. A esta cantidade hai que engadir a inversión que fixo o Concello no ano 2017, de 47.000 euros, para a redacción do proxecto e a realización de obras de soterramento de servizos.

Explican dende o Consistorio que do total da inversión para este proxecto, 150.000 euros serán achegados polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, gracias a un convenio firmado co Concello para financiamento das obras. Servizos Sociais achegaba 47.000 euros no ano 2017, e o resto, ata os 150.000 euros, en dous anualidades máis.

En aproximadamente un mes darán comezo estas obras de ampliación, e terán que estar terminadas, como máximo, o día 30 de novembro de 2020, polo que o gasto do proxecto dividirase en tres anualidades. Estas obras permitirán incrementar o número de aulas na gardería ata as cinco dispoñibles, dous máis fronte as existentes, e disporá de preto de 70 prazas.

A primeira fase dos traballos durará aredor dos seis meses. Tras ela, se procederá á demolición da antiga cárcere, espazo onde se fará a ampliación, e se construirá a nova aula de bebés. A entrada ao centro tamén cambiará, no futuro accederase ao edificio pola rúa Hernán Cortés. As obras contemplan tamén a instalación dun ascensor, para a eliminación de barreiras arquitectónicas no interior do edificio.

500.000 euros para a ampliación da Escola Infantil do Barco