50 nenos do campamento do colexio Divina Pastora visitaron o Concello do Barco
10 de julio de 2024 (13:48 h.)
Foron recibidos polo alcalde, Alfredo García, e pola concelleira de Cultura e Educación, Margarida Pizcueta
Preto de 50 nenos e nenas participantes no campamento de verán do colexio Divina Pastora visitaron hoxe o Concello do Barco, en concreto o Edificio Multiusos. Alí tiveron un encontro co alcalde, Alfredo García, e coa concelleira de Cultura e Educación, Margarida Pizcueta.
Os nenos coñecer as instalacións municipais e puideron plantexar moitas preguntas relativas aos parques infantís. Celebraban ademais con aplausos a noticia de que pronto se instalará un novo espazo infantil no Malecón, cunha tirolina.