
2.000 euros de premio por ser dos concellos que máis reciclan

Alfredo García, alcalde do Barco, recollía na mañá do venres día 5 de outubro en Santiago o premio conseguido polo Concello na campaña Recicla, respira e supérate. Únete ao reto!, organizada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático da consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda xunto con Ecoembes. O Concello do Barco foi un dos 15 que participaron nesta campaña, desenrolada nos meses de maio a agosto. Todos os municipios se marcaron como obxectivo lograr incrementar a lo menos nun 10% os residuos depositados nos contedores amarelos. No caso do Barco, chegouse a un 17% de incremento, ao pasar de 38.830 kilos de envases nos meses de maio, xuño e xullo de 2017, aos 45.310 kilos que se recolleron no mesmo periodo deste ano. Na lista de concellos gañadores, O Barco acadou a carta posición da comunidade galega no incremento de recollida neste contedor.
O galardón recollido polo rexidor barquense consta dunha dotación económica de 2.000 euros, que deberá ser entregada a unha entidade benéfica, nesta caso, a Asfaval polo traballo que ven desenrolando nos últimos anos en prol da reciclaxe, con especial adicación á recollida e tratamento de aceites usados.
A campaña consistiu na entrega de folletos, pulseiras e outros materiais aos veciños do Barco de Valdeorras. Tamén se fixeron grafitis inversos nas rúas, e durante algúns días iluminouse a fachada do Concello co lema escollido para esta campaña. O alcalde insistiu en que este éxito acadado é «un punto máis no camiño de cara a conseguir incrementar cada día máis a reciclaxe de residuos no municipio» e que non é só un logro do Concello «senón de todos os veciños que colaboraron para lograr o obxectivo marcado, e o superaron con creces».