miércoles. 02.07.2025

O Concello de Manzaneda remata as obras na rede de abastecemento en Raigada

Na mañá do 1 de xullo, Amable Fernández mantiña unha reunión do vixilante da Deputación «por unha obra que estamos facendo de bacheado» na estrada dirección á Estación de Manzaneda pasando por Paradela

Foto de arquivo

O Concello de Manzaneda anunciaba no mes de febreiro a licitación da obra de Raigada para a mellora da rede de abastecemento. Esta mellora ten un importe de 47.900 euros, que arranxará uns 700 metros nas zonas máis problemáticas. 

A poucos días de que comece a chegar xente o municipio, estas melloras remataron na última semana de xuño. «Vamos comprobar si con esta obra teñen auga todos os días. Que a aproveiten, porque non se pode desperdiciar», pide Amable Fernández, alcalde do Concello de Manzaneda. 

A maiores, na mañá do 1 de xullo, o rexedor acudía a unha reunión co vixilante da Deputación «por unha obra que estamos facendo de bacheado». Esta mellora estase facendo nunha estrada dirección á Estación de Manzaneda, pasando pola área de Paradela. «En algún tramo estámoslle dando o completo porque estaba moi deteriorado polo sal», recoñece Fernández. 

Comezan as obras en Raigada para mellorar a rede de abastecemento

O Concello de Manzaneda anunciaba no mes de febreiro a licitación da obra de Raigada para a mellora da rede de abastecemento. Esta mellora ten un importe de 47.900 euros, que arranxará uns 700 metros nas zonas máis problemáticas. 

Estas actuacións están unidas a xa executada de instalación de sistemas de contadores e de alarma no depósito que permite controlar en tempo real o volume de auga existente. 

«Temos en plan facer unha obra en Raigada que é o mantemento na rede de abastecemento, xa que nos últimos anos nos tiña dado problema polo tema de roturas», así o explicaba Amable Fernández, alcalde de Manzaneda, nunha entrevista previa para Somos Comarca. Con esta problemática levábase «dous veráns, entón cunha subvención que nos facilita a Deputación de Ourense, fixemos os proxectos e enviamos a documentación pertinente. Nestes días xa nos comentaron que estaba todo ben», engadía.

Outras actuacións do Concello

Por outra banda, o alcalde explicaba nesa entrevista que «saíron todas as subvencións da Xunta, entón estamos tramitando todas as que nos interesan a nós. Tamén a través da Deputación co Plan único metemos unha subvención para arranxar un par de tramos en estradas». 

Dende o Concello aprobábase, fai uns días, o Plan de Medidas Antifraude, «esta é unha esixencia que che poñen dende Europa para poder optar a fondos europeos. O secretario estivo durante semanas recadando información e facendo o plan», dicía o alcalde de Manzaneda. Entón, xa estaría todo arranxado para poder optar a algunhas «pequenas subvencións de Europa». 

O Concello de Manzaneda remata as obras na rede de abastecemento en Raigada