martes. 24.06.2025

Preto de 90.000 € para mellorar o acceso ao núcleo de Seadur (Larouco)

En concreto, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda achegará o 70% do custo da obra mentres que o 30% restante será asumido polo Goberno local
220414 AVM SINATURA CONVENIO LAROUCO 1
Preto de 90.000 € para mellorar o acceso ao núcleo de Seadur (Larouco)

A Xunta de Galicia e o Concello de Larouco colaborarán nunha actuación urbanística para mellorar o acceso ao núcleo de Seadur, un proxecto que requirirá dun investimento estimado de preto de 90.000 euros.

En concreto, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda achegará o 70% do custo da obra mentres que o 30% restante será asumido polo Goberno local. Cun prazo de execución previsto de tres meses, o actuación urbanística terá un dobre obxectivo.

Por unha banda, acondicionar as dúas rúas que dan acceso ao núcleo de Seadur para mellorar a entrada ao lugar e solucionar un problema de escorrentías procedentes dos viñedos, sobre todo durante o inverno; e por outra, facer máis segura a zona pola que se entra ao local social municipal, localizado neste mesmo ámbito.

Pueblo de Seadur (Larouco)
Pueblo de Seadur (Larouco)

No caso do viario que conecta desde o sur con Seadur, realizarase unha cuneta de formigón no lateral esquerdo de 1,30 metros e tamén se ampliará nuns 60 centímetros polo lado dereito. Ademais, reconstruirase en pedra o muro de contención da vía.

Na rúa de acceso a Seadur polo norte, onde está o local social, colocarase unha varanda de madeira para evitar caídas debido ao desnivel. Ademais, prevese ampliar o ancho da calzada, pavimentando para resolver as fochancas con dobre rego e selado de area.

Preto de 90.000 € para mellorar o acceso ao núcleo de Seadur (Larouco)