viernes. 29.03.2024
somoscomarca_larouco_patricialamela_baltar_nombramiento_pp_2021
Patricia Lamela formará parte da executiva do PP provincial

Manuel Baltar, candidato a reelección da presidencia do PP de Ourense, deu a coñecer os nomes das 105 persoas que proporá ao plenario do 18º Congreso Provincial do PP como membros do comité executivo para conformar unha nova etapa no partido.

Entre as 9 vicesecretarías que propuxo o actual mandatario provincial encóntrase a valdeorresa Patricia Lamela. A alcaldesa de Larouco figura no apartado de Medio Rural. Non será a única representación comarcal no partido, xa que dentro do apartado das secretarías executivas haberá dous valeorreses máis.

Moises Blanco, dentro do apartado de "Desenvolvemento Rural", Avelino García Ferradal "Transparencia" forman tamén parte dunha executiva na que estarán a súa vez María del Carmen González, rexedora de Carballeda e Álvaro Fernández, alcalde da Rúa.

Os alcaldes dos concellos limítrofes con Valdeorras, Melisa Macía "Emprendemento" e Xose Miguel Pérez "Innovación Tecnolóxica) contarán a súa vez con cargos dentro do partido provincial.

Patricia Lamela agradecida polo nomeamento

A alcadesa de Larouco agradece o nomeamento a traveso da súa rede de Facebook coas seguintes palabras: «Por que Galicia é "rural",Ourense é "rural",e orgullosa estou de ser Alcaldesa dun dos Concellos máis pequenos ,onde me estou a facer esperta en "resilencia". Puden escoller marchar, pero o amor pola miña terra igual que moit@s outros fixo que me quedase para loitar polos meus veciños. Agora traballarei moito máis por toda a provincia».

Décimo oitavo Congreso Provincial do Partido Popular

O 18º Congreso Provincial do Partido Popular de Ourense reuniu no pavillón Paco Paz da capital a preto de 800 compromisarias e compromisarios, nunha cita que contou coa presenza de medio cento de invitados entre os que se atopaban algúns dos cargos máis representativos do Partido Popular, como o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, e o secretario xeral nacional Teodoro García Egea, que interviron xunto ao presidente electo no acto de clausura. Tamén acudiron ao conclave ourensán representantes políticos de Ecuador, das institucións europeas e de diversas entidades e asociacións.

Patricia Lamela forma parte da executiva do PP provincial coa vicesecretaria de Medio...