viernes. 20.06.2025

O Castrillón será obxecto de dúas catas arqueolóxicas

A alcaldesa da localidade Patricia Lamela confirma a aposta do concello para a súa posta en valor

O Castro do Castrillón será obxeto de dúas catas arqueolóxicas nos vindeiros días, que servirán para intentar encontrar máis vestixios dentro do xacemento situado no Concello de Larouco, e a súa vez poder coñecer a data da construcción do mesmo.

«Algún tipo de alegría tíñamos que ter, fíxose o desbroce e a semana que ven serán as catas nos sitios onde os arqueólogos crean máis importantes para facelas» destacou a alcaldesa da localidade Patricia Lamela.

Os traballos están englobados nunhas actuacións de 2 meses e conta cun orzamento de 14.999,99 euros, sendo un dos obxectivos principais e a posta en valor do patrimonio do municipio. Nas festas na honra a Santa María dos Remedios, José Fernández “Pepe das Pedras”, presidente da sección de Arqueoloxía do Instituto Valdeorreses realizou unha visita guiada para os seus veciños.

Actividade no Castrillón durante o pasado mes de setembro

Así mesmo fai uns meses descubríronse 2 lagares rupestres onde se cree que os romanos comezaban o proceso de viño tras recolectalo nas viñas da zona.

Pepe das Pedras observando o lagar rupestre descuberto fai unhs meses no concello

O Castrillón será obxecto de dúas catas arqueolóxicas