domingo. 21.04.2024

Merelles aposta por impulsar o turismo das covas «como signo identificativo da cultura do viño en Valdeorras»

O integrante da candidatura do PP, ao Parlamento de Galicia pola provincia de Ourense visitou  as covas de Seadur xunto á alcaldesa de Larouco, onde  asegurou que « se completará o traballo iniciado para facer despegar definitivamente Valdeorras como destino turístico interior de referencia»
somoscomarca_240204_larouco_patricialamela_xosemanuelmerelles (1)
somoscomarca_240204_larouco_patricialamela_xosemanuelmerelles (1)

Xosé Manuel Merelles, membro da candidatura ao Parlamento de Galicia pola provincia de Ourense na listaxe do PP, visitou este mediodía o municipio de Larouco, en concreto algunhas das covas de Seadur, xunto á alcaldesa deste concello, Patricia Lamela.

Durante o seu percorrido pola zona, Merelles —que cesou recentemente como director da Axencia Turismo de Galicia para formar parte da candidatura do PP por Ourense—, apostou por intensificar a promoción turística das covas valdeorresas como «signo identificativo da cultura do viño» na comarca.

«Só cun goberno autonómico con Alfonso Rueda á fronte, poderá completarse o traballo iniciado para facer despegar definitivamente Valdeorras como destino turístico interior de referencia», indicou Xosé Manuel Merelles.

Asemade, puxo de manifesto a vontade do Partido Popular por seguir contribuíndo a dinamizar a afluencia de visitantes a diferentes núcleos do rural de Ourense coa aposta por un modelo de fomento de turismo microsegmentado que poña en valor os seus activos e recursos autóctonos.

Merelles aludiu a que a contorna das covas de Seadur, ao igual que outras emprazadas en distintos puntos da comarca, representan un dos capitais turísticos máis relevantes de Valdeorras en tanto en canto constitúen parte do legado que evidencia a antiquísima tradición vitivinícola na zona. «É un dos elementos que máis identifican a cultura do viño en Valdeorras», declarou Merelles, quen puxo en valor o apoio da Axencia de Turismo de Galicia á súa declaración como Ben de Interese Cultural (BIC).

somoscomarca_240204_larouco_patricialamela_xosemanuelmerelles (2)
Lamela e Merelles na zona das escolas de Larouco

Destacou, o proxecto de Larouco de acondicionamento da panorámica da contorna das escolas para o uso turístico, como un polo catalizador de turismo para o municipio. Ao abeiro deste programa, no que a actual Xunta investiu máis de 100.000 euros, poranse en valor as singularidades desta zona de Galicia, como a súa arquitectura, paisaxe, deseño, artesania ou enogastronomía. «Estamos preparados para dar o seguinte paso e potenciar unha proposta de fomento do turismo microsegmentada, tamén para Larouco, baseada na calidade e sustentabilidade», subliñou.

O valor da enogastronomía

Neste senso, saliantou que «Galicia é visitada cada vez máis por unha tipoloxía de turista que busca propostas diferenciadas nas que se conxuguen as historias propias dos lugares, a tradición, a paisaxe e a sustentabilidade, sen esquecer a enogastronomía».

«Larouco conta con todos estes aspectos e está chamado a converterse nun dos principais polos de atracción da provincia de Ourense deste tipo de turismo ofrecendo unha proposta ambiental, sostible e inclusiva», apuntou.

somoscomarca_240204_larouco_patricialamela_xosemanuelmerelles (3)

Amosou o seu compromiso coa divulgación do patrimonio etnográfico e a cultura castrexa na zona posicionando turisticamente activos como os castros do Castrillón e Cabanelas como novos referentes das pegadas prerromanas e como elementos diferenciadores do territorio.

E, xunto a isto, manifestou o seu apoio de cara á activación e promoción da Vía Romana, que discorre pola zona, como «un itinerario cultural de gran valor e como punto de atracción de sendeiristas e amantes da natureza».

Merelles aposta por impulsar o turismo das covas «como signo identificativo da cultura...