
Larouco prepárase para celebrar a súa Festa do Cordeiro, que este ano cumpre dezasete edicións. «É unha festa que no seu inicio se fixo entre a xente do pobo e que todos os anos estamos agardando». A alcaldesa, Patricia Lamela, avanzaba novidades que vai haber nesta edición: «as Macizas Centrais tocarán á hora do vermú e pola tarde e o Dúo Maratón despois da comida».
«Os máis cativos terán unha colchoneta e un taller de manualidades para estar entretidos. Neste sentido haberá dúas monitoras para os nenos que asistan». As entradas están xa dispoñibles —até o día 24 de abril— a 22€ para adultos e a 10€ para nenos menores de 10 anos. «Poden mercarse directamente no concello de Larouco e en todos os seus negocios, no Bar Maruxa de Freixido, na Carnicería Nogueira de A Rúa e na tenda Foot on Mars e na ferretería Panorama no Barco».
Esta festa celebrarase o sábado 27 de abril ás 14:00 horas no pavillón municipal. «Tanto a empanada, como a bica, o pan, o roscón e o cordeiro asado van ser elaborados pola panadaría de Larouco».