lunes. 03.10.2022

O tradicional mercado que se realiza os días 14 de cada mes volve a facerse tras 6 meses de ausencia en Larouco

No pasado mes de outubro o Concello de Larouco anunciaba a suspensión da súa feira debido ao avance da pandemia da COVID-19 co fin de evitar contaxios entre unha poboación, a da vila, de grupos de risco e así preservar a saúde de todos os habitantes.

Tiveron que pasar 6 meses para poder volver a facer o mercado na localidade co 100% dos postos de alimentación, roupa e productos agrícolas.

Volta dos mercados na comarca

Concellos como o do Barco ou A Rúa recuperaron esta fin de semana as feiras mensuais. No caso da cabeceira da comarca foi tras 2 meses de parón debido ao avance da terceira onda da COVID e as restriccións impostas dende a Xunta de Galicia.

Feira realizada en Viloira (O Barco) o pasado día 6

Na Rúa o tempo de espera para os veciños foi maior, xa que non se realizaba un evento de tales características dende o ano pasado xa que nas últimas datas do 2020 o municipio encontrábase pechado perimetralmente.

Feira realizada en Fontei (A Rúa) o pasado 7 de marzo

A feira regresa a Larouco este domingo