
Que o rural necesita xente, é un feito. Para iso, necesítanse máis iniciativas como esta de "Ourense Rural é Vida". Estes encontros formativos foron iniciados pola Deputación de Ourense, en colaboración co Concello de Larouco e a Asociación de Desenvolvemento Rural de Ourense.
O que se pretende é que todas as persoas interesadas poidan coñecer as oportunidades laborais que se ofrecen nas zonas rurais; mellorar ou empezar un novo negocio, neste caso en Larouco; aprender como atraer a novos veciños e veciñas para contribuír co desenvolvimiento.
Neste encontro poderás escoitar as experiencias dás persoas que apostaron polo rural como lugar de vida e traballo, e coñecer os recursos e axudas dispoñibles para impulsar un novo proxecto. Tamén poderás participar nun espazo de intercambio de ideas e propostas para dinamizar Larouco e facelo máis atractivo e sostible.
Cando se poderá asistir a este encontro? O 26 de decembro ás 18:00 no salón de actos do Concello de Larouco.