viernes. 20.06.2025

O Concello de Larouco mellora os servizos de recollida de residuos municipais

O Concello asegura que a nova adquisición é eficiente e ecolóxica
P_somoscomarca_larouc_furgon
Novo furgón para o Concelllo de Larouco

O Concello de Larouco xa ten o seu novo camión volquete. Desta maneira, pretenden mellorar os servizos de recollida de residuos municipais, limpeza viaria e mantemento de infraestrutura. «Trátase dun vehículo moderno, eficiente e ecolóxico, que cumpre coa normativa de seguridade e medio ambiente», asegura dende o Concello. 

Segundo se explica, a súa adquisición foi mediante dúas contribucións económicas. A primeira delas, a través dunha subvención concedida pola Vicepresidencia Primeira e Conselleira de Presidencia, Xustiza e Deportes, na que a parte achegada pola Xunta de Galicia ascendeu a 29.942,09 €. Por parte do Concello fixo unha achega de 1.335,91 €. En total, o custo ascendeu a 31.278,00 €.

Dende o Concello tamén se despiden do anterior vehículo que realizaba estes labores: «O veterano e inconfundible Iveco amarelo foi un fiel servidor do Concello de Larouco dende hai moitos anos. Testemuña de innumerables xornadas de traballo e tareas municipais, pero chegou o momento de despedirse».

O Concello de Larouco mellora os servizos de recollida de residuos municipais