O día 15 de setembro, esa é a data límite de presentación de textos para participar no I Premio de Poesía Florencio Delgado Gurriarán, organizado polo Proxecto As Letras de Florencio, en colaboración co Concello de Vilamartín de Valdeorras e a Deputación de Ourense.
Dentro dos homenaxes ao autor e da difusión da súa figura e obra, poñíase en marcha esta iniciativa co obxectivo de fomentar a escrita en lingua galega así como a divulgación dos seus autores e autoras. O texto elexido gañador percibirá un premio de 3.000 euros, entendéndose o importe do premio como íntegro, máis a publicación da obra no formato que o Proxecto As Letras de Florencio e o Concello de Vilamartín consideren.
As bases do premio están expostas na páxina web, na que tamén se pode atopar a forma de realizar a inscrición: https://asletrasdeflorencio.gal/premio-de-poesia/
O fallo do xurado producirase o día 29 de setembro deste 2018 e farase público na web municipal e na citada web do proxecto.