viernes. 29.03.2024

Alfredo García: «Queremos cambiar os concellos desta provincia para algo fundamental, para que os concellos sexan accesibles a cidadanía»

O PSdeG-PSOE presentou onte na Fundación de Feiras e Exposicións de Ourense, Expourense, as candidaturas ás eleccións locais que se celebrarán o domingo 26 de maio.

Contou coa participación da vicesecretaria xeral do PSOE, Adriana Lastra; e do secretario xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero, o secretario provincial do PSdeG-PSOE e candidato á alcaldía de Ourense, Rafael Rodríguez Villarino; a cabeza de lista ó Congreso pola provincia, Marina Ortega; e o alcalde do Barco de Valdeorras e presidente da Fegamp, Alfredo García.

Tamén estiveron presentes os cabeza de lista da Rúa, Luis Gudiña; Vilamartín, Enrique Álvarez; Petín. Raquel Bautista, A Veiga, Fernando Fernández e o do Bolo, Juan Ferreira; entre outros.

Compañeiros de partido escoitando a intervención de Alfredo García

No acto de partido defenderon que: «Os socialistas son a única opción real que permitirá mudar a realidade da provincia de Ourense, fronte ó secuestro da dereita desde a Deputación Provincial que Baltar converteu nunha “antigualla”», dixeron. Engadindo, «e ante unha Xunta de Galicia “desnortada” con Núñez Feijóo á cabeza».

Tamén chamaron á «mobilización masiva» co fin de «seguir a gobernar para a maioría», logo de evidenciar durante os últimos 10 meses accións de goberno para «unha sociedade máis plural, máis xusta, máis igualitaria e onde caibamos todos e todas».

O presidente da FEGAMP nun momento da intervención

O alcalde do Barco Alfredo García, quen repite como candidato, dixo que onte foi «un día grande para esta provincia» ante o que definiu como as mellores candidaturas socialistas presentadas «nunca». García destacou o papel clave dos alcaldes e alcaldesas, e defendeu o «municipalismo» e a xestión «plural e responsable» do PSOE desde numerosos concellos e nas outras tres deputacións galegas.

«Hai que acabar cos concellos que vexetan agardando a limosna do presidente da Deputación da dereita que goberna esta provincia, defendendo a necesidade dun plan único de concellos que evite que os municipios teñan que pedir esmola» aseverou García. «A Deputación de Ourense é unha antigualla», insistiu antes de destacar que os socialistas queren «cambiar os concellos desta provincia para abrilos á cidadanía e practicar outra forma de gobernar».

Nutrida representación valdeorresa na presentación das candidaturas municipais dos...