miércoles. 18.06.2025

Cea solidaria en beneficio da Asociación Contra o Cancro

portada

A delegación valdeorresa da Asociación Española Contra o Cancro (AECC) organiza, un ano máis, unha cea solidaria a beneficio da agrupación que loita contra esta enfermidade.

Nesta ocasión, a data elixida para a velada é o vindeiro sábado 22 de abril ás 22:00 horas no restaurante Paladium Valdeorras. O precio será de 30 euros por persoa e inclue a cena e o posterior baile, que estará amenizado pola actuación do "Grupo Folk Ribas de Sil".

As entradas poderán mercarse nos seguintes establecementos de O Barco: Librería Murciego, Charo López, Teran, Miranda e Comercial Vedo. Para máis información poden poñerse en contacto a través do correo electrónico: ourense@aecc.es, ou chamando ao número de teléfono: 699 980 695.

Dos trinta euros que costa a entrada para a cea baile, 10 serán doados integramente en beneficio dos pacientes enfermos de cancro así como dos seus familiares de O Barco de Valdeorras.

Cea solidaria en beneficio da Asociación Contra o Cancro