martes. 15.07.2025

O kárate valdeorrés suma medallas na primeira cita do ano

O club River Stone participou en Chantada no Campionato Galego de Clubs 2025
somoscomarca_deporte_karate (1)

Chantada acolleu o Campionato Galego Absoluto e de Clubs 2025 de kárate, o primeiro campionato do presente ano, aínda que non da actual tempada. Unha cita multitudinaria na que se deron cita 467 deportistas de 28 clubs, entre os que se atopaba o River Stone do Barco, que regresou da vila do río Asma cun total de catro medallas. Foron un ouro, unha prata e dous bronces.

somoscomarca_deporte_karate (4)

A medalla de ouro conseguírona Fuensanta Blanco, Aina Moral e Cloe Yáñez, as tres participantes en kata equipos cadete mixto. Pola súa banda, a prata levou o nome de Pablo Prada, Lucas García e Jose Carrera, en xuvenil mixto por equipos.

somoscomarca_deporte_karate (3)

En canto aos bronces, sumáronos Leire Paradelo, Laia Yáñez e Sofía Paradelo en alevín mixto. A outra terceira posición colleitouna Brian Rodríguez, que participaba nun equipo formado xunto con dous membros do Karate Club Maceda.

somoscomarca_deporte_karate (2)

Fotos cedidas

O kárate valdeorrés suma medallas na primeira cita do ano