O trofeo de Enduro previsto para o domingo 5 de maio será aprazado

Trofeo de Enduro na Rúa, no ano 2022.
Por motivos «alleos ao Concello do Barco e á organización da proba» a nova data podería ser no mes de setembro

O campionato de Enduro O Barco de Valdeorras - Trofeo Café Candelas Ligadamoto, que ía celebrarse este domingo 5 de maio no Polígono Industrial tivo que ser adiada. Era unha das citas deportivas máis agardadas no municipio.

Confirman dende o Concello que os motivos son «alleos á administración municipal e á organización do campionato (ACRD Ligadamoto)». Previsiblemente a data definitiva será no mes de setembro