viernes. 29.03.2024
somoscomarca_obarco_ederaciongalegadecomercio_premio_2022 (1)
A Xunta reactiva o Bono Activa Comercio con un desconto por valor de 30 euros

A iniciativa «Bono Activa» desenvolverase en máis de 40 localidades de toda Galicia, sorteando máis de 40.000 euros en premios entre os clientes do comercio de proximidade. Estenderase ata finais de novembro a través de campañas dunha semana de duración en cada unha das localidades. Os tíckets das compras realizadas no comercio local nese tempo poderán cambiarse o día final da campaña por boletos de participación no sorteo en directo de premios, consistentes en tarxetas prepago de 30 e 50 euros. Nesta ocasión a iniciativa conta coa colaboración da Asociación Empresarial de Valdeorras (Aeva).

Entre as iniciativas impulsadas pola Xunta de Galicia para reactivar o consumo, destaca a segunda edición do Bono Activa Comercio. Este programa da Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación permitirá mobilizar máis de 17 millóns de euros en compras, fomentando deste xeito o consumo no comercio de proximidade. Os comercios xa se poden adherir a esta iniciativa na web https://www.bonosactivacomercio.gal/, mentres que os clientes poderán acceder a partir do 24 de outubro a un bono desconto por un valor de 30 euros para as compras nos comercios adheridos.

Cun orzamento que alcanza os 5 millóns de euros, este programa da Xunta súmase ás diferentes liñas de axudas específicas para o comercio galego promovidas pola Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, centradas en eidos como a transformación dixital e a modernización do sector, así como para a dinamización e incentivación do consumo a través dos centros comerciais abertos e federacións de comerciantes e o impulso das prazas de abastos.

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, salientou no Barco o papel das asociacións de comerciantes no impulso dos negocios locais, traballando de xeito conxunto para incrementar a súa competitividade e achegar novos servizos aos consumidores. Heredia participou a pasada fin des semana no sorteo da campaña Mercar no teu comercio ten premio, impulsada pola Federación Galega de Comercio co apoio da Xunta de Galicia co obxectivo de achegar o consumidor aos establecementos locais e poñer en valor as súas vantaxes.

A Xunta reactiva o Bono Activa Comercio con un desconto por valor de 30 euros