miércoles. 25.06.2025

Jose Moreno representou a Valdeorras na trixsimo quinta Catas de Viños, Augardentes e Licores galegos

Jose Moreno en representación do panel de catas da DO Valdeorras estivo durante catro días xunto ao resto de representantes das outras denominación de orixe de Galicia neste evento que busca promocionar os viños, augardentes e licores galegos

 

somoscomarca_vinos_viñaredo¨josmoreno20231207
Viñaredo presente nas Catas de Viños, Augardentes e Licores galegos

Nas catas que se desenvolveron estes días participaron 180 empresas de Galicia, das cales, 16 correspóndense as distintas indicacións xeográficas de Augardentes e Licores Tradicionais. O resto do panel ocupouno o viño, que contou con 384 mostras das cinco denominacións de orixe e de catro indicacións xeográficas protexidas vitivinícolas de Galicia.

Jose Moreno, enólogo de Adega Santa Marta de Córgomo, estivo presente representando ao panel de cata da Denominación de Orixe Valdeorras. Durante catro días enólogos de cada unha das denominación de orixe de Galicia reuníronese no Pazo de Quián para elixir os mellores viños de Galicia —blanco e tinto —, así como o mellor para cada denominación de orixe protexida e indicación xeográfica. Tamén se elixiron os mellores viños tintos en madeira ou de colleitas anteriores, entre outros.

Degustáronse un total de 384 mostras de 166 adegas pertencentes ás cinco denominacións de orixe e ás catro indicacións xeográficas vitivinícolas protexidas de Galicia. Neste caso, a presenza de viño branco é maior con 264 mostras, mentres que 120 participan no concurso de tintos. 

Estas catas complétanse coas que analizaron augardentes e licores tradicionais galegos. Así, foron un total de 44 mostras pertencentes a 16 empresas, das que 14 corresponderon a augardente galego, cinco a augardente envellecido, outras cinco a augardente de herbas, 12 a licor de herbas e 8 a licor moreno.

Neste evento, organizado pola Xunta en colaboración cos diferentes consellos reguladores, participaron máis de vinte sumilleres expertos e un total de 428 mostras de 182 empresas de toda Galicia. O anonimato das mostras mantense en todo momento xa que son catas a cegas.

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, participou na clausura das Catas de Viños, Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia 2023 que organiza a Xunta cos consellos reguladores. Dende o día 5 ata hoxe, 9 de xuño, reuníronse no Pazo de Quián en Sergude, no concello coruñés de Boqueixón, as propostas de máis dun cento de empresas do sector.

O director agradeceu o labor da vintena de catadores de toda Galicia que durante estes días traballaron de xeito intenso nas catas a cegas para poder desenvolver as diferentes fases do concurso que hoxe chegou ao seu final. Nesta xornada celebráronse as fases finais para escoller o mellor viño de cada denominación de orixe, así como para seleccionar os mellores tintos en madeira ou viños de colleitas anteriores.

Así, este evento organizado pola Consellería de Medio Rural e polos consellos reguladores, ten como fin promocionar, identificar e premiar os mellores viños, augardentes e licores elaborados fundamentalmente con uvas de variedades autóctonas, produtos dotados dun carácter único e dunha personalidade recoñecible dentro e fóra da nosa comunidade.

Jose Moreno representou a Valdeorras na trixsimo quinta Catas de Viños, Augardentes e...