
Dar a coñecer a economía circular e o mercado de proximidade. Estes son dous dos principais obxectivos que ten a actividade desenrolada pola Asociación Empresarial de Valdeorras en colaboración co Inorde. O que se pretende é que os escolares da zona realicen unha campaña de sostenibilidade e un slogan.
Case todos os centros educativos se adheriron a esta iniciativa, pero solo catro decidiron ter sesións presenciais. A encargada de realizar estes talleres é Cristina de la Torre, experta en comunicación.
Na primeira xornada achegouse até o Xosé Manuel Respino, en Vilamartín, e ao CEIP Condesa de Fenosa, no Barco. En cambio, este mércores estará no colexio Divina Pastora e no IES Cosme López. «Os máis maiores xa teñen móbil, contan cunha perspectiva diferente», asegura Cristina.

Durante estes talleres trabállanse conceptos como que é a comarca ou o territorio. Tratarase que o expresen dunha maneira visual e tamén lingüística.
A experta en comunicación valora positivamente as sesións cos máis pequenos. Aínda que, pola súa idade, «non entenden o que é a economía circular». A pesar de esta dificultade conseguiron que «comparasen o que é comprar nunha tenda de barrio e o que é comprar online».
Para os máis cativos o concepto de Valdeorras é algo «abstracto», pero con moita identidade. Sempre hai que ter presenten que con este tipo de actividades se está chamando á porta da «experiencia vital de nenos de 10 anos».
Chega a hora do concurso
Para maior incentivo aos rapaces crearon un concurso que consiste en debuxar un logo que será impreso en bolsas de tela. AEVA convocará un xurado que permitirá elixir os tres mellores. Aos gañadores faráselle entrega dun vale regalo valorado en 150 euros para gastar en negocios asociados.
«Agardo que fagan cousas extravagantes, están na idade», desexa Cristina. Ademais, os centros interesados teñen até o 25 de setembro para enviar a participación individual, «con autoría da rapazada». O 4 de outubro faranse públicos os gañadores.
Se desexa escoitar a entrevista completa con Cristina de la Torre pode facelo aquí: