jueves. 18.04.2024
0731FB0C-D99E-456F-A415-C9D70B005B5E

O Centro Comercial Aberto (CCA) O Barco fixo entrega dos premios da campaña Francisco Fernández del Riego: tecedor de redes, organizada conxuntamente cos Equipos de Dinamización da Lingua Galega dos centros educativos de O Barco, Rubiá e Sobradelo para festexar as Letras Galegas 2023.

Por unha banda, a asociación premiou os oito mellores traballos do alumnado que consistiron en cartas do autor decoradas cun selo dunha caricatura de Fernández del Riego e que se amosaron nos establecementos asociados participantes. Os alumnos e as alumnas premiados/as foron:

  • Sara Fernández Alonso do CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa do Barco
  • Carlota Carrera Fernández do CEIP Plurilingüe Julio Gurriarán do Barco
  • Leo Pérez Pereira do CEIP Ramón Otero Pedrayo de Viloira (O Barco)
  • Sara González Fernández do Colexio Plurilingüe Divina Pastora do Barco
  • Carla Rodríguez Fernández do IES Lauro Olmo do Barco
  • Zoe Ramos Barredo do IES Martaguisela do Barco
  • Aroa Tamerón do CPI Tomás Terrón Mendaña de Sobradelo
  • Carlos Porto Teixeira do CEIP Virxe do Camiño de Rubiá

Os premios consistiron en vales de compra por valor de 25€ para investir nas librarías asociadas ao CCA O Barco: Caprichos, Libraría Murciego, Libraría Yoli, Nós e Praxis. Por outra banda, a asociación celebrou o sorteo da xincana da campaña na que o alumnado tivo que buscar as cartas de Fernández del Riego polos comercios e selar o folleto de participación. O folleto premiado, extraído ao azar da urna do sorteo, foi o de Liher Matallana, a quen se lle entregará un vale de 50€ para investir nas librarías asociados ao CCA O Barco.

O CCA entrega os premios da campaña das Letras Galegas