martes. 17.06.2025

AevaEmpregate chega á súa 4ªedición cun curso vitivinícola e outro de marketing

A inscripción é gratuita. Por unha banda, o sábado 26 de novembro celébrase unha formación destinada ao sector vitivinícola. O outro curso programado para este mes está pensado para mellorar as ferramentas de comunicación cos clientes,
AevaEmpregate chega á súa 4ªedición cun curso vitivinícola e outro de marketing

O tramo final de ano chega cargado de actividades propostas pola Asociación Empresarial de Valdeorras comezando con sendas formacións destinadas a sectores estratéxicos da comarca.

Por unha banda, o sábado 26 de novembro celébrase unha formación destinada ao sector vitivinícola que leva por título Cara unha viticultura sostible e ecolóxica. A sesión está coordinada por José Ramón Lissarrague, enxeñeiro, profesor universitario e consultor, implicado en múltiples proxectos de investigación para a mellora da calidade, competitividade e sostenibilidade do viñedo.

Lissarrague estará acompañado na xornada de Pedro Junquera e Ángel García Bamala, tamén enxeñeiros e investigadores do mundo vitivinícola. Este curso celébrase pola mañá, en horario de 9 a 14.30 horas en O Pazo do Castro, no Barco de Valdeorras.

O outro curso programado para este mes está pensado para mellorar as ferramentas de comunicación cos clientes, tanto de forma directa como online. Está impartido por Emilio Cuíñas Otero, especialista en márketing. O título do curso é Xestión de reclamacións, queixas e suxerencias. Reputación online e offline.

Inclúe seis horas de formación repartidas en dúas xornadas e que se celebrará os días 28 e 29 de novembro de 16 a 19 horas na Academia CIX, no Barco de Valdeorras. A forte influencia das redes sociais e dos buscadores online, así como a popularidade das aplicacións de valoración de negocios e servizos, son ao tempo unha oportunidade e un reto para os pequenos negocios, especialmente aqueles a pé de rúa. 

Estes cursos forman parte do programa AEVAEMPRÉGATE que xa vai pola cuarta edición, financiado co apoio da Deputación de Ourense. A inscripción é gratuita e pode facerse a través dun formulario disponible en empresariosdevaldeorras.com ou solicítándoo en aeva@empresariosdevaldeorras.com

AevaEmpregate chega á súa 4ªedición cun curso vitivinícola e outro de marketing