lunes. 23.06.2025

Viva o magosto!

A Pobra de Trives, Córgomo, Arcos e Fontei celebraron onte os seus magostos, nos que ademais de bullotes acompañados do viño da zona non faltaron os chourizos cocidos ou os bolos preñados e a bica

Os bombos deron volta e soaron en Valdeorras, máis no seu interior non había bolas da sorte se non castañas que a medida que se ían asando estoupaban de vez en cando.

Córgomo, Arcos e Fontei  na comarca de Valdeorras e tamén na Pobra de Trives, seguro que se asaron castañas nalgún lugar da contorna pero estes foi aos que fomos.

Córgomo, entre cantos de taberna

O de Córgomo era o que máis cedo comezaba. As sete era a hora prevista pero «Os Parrandas» xa lle estaban dando «lume» aos bombos, gaitas, pandeiretas e tamborres e por suposto cantando esas cancións que recordan, aos que somos máis vellos os cantos nas adegas, sore todo cando chegaba este tempo.

magosto_córgomo_2022 (22)
Os Parandas amenizaron a tarde no magosto de Córgomo

Estivo organizado polas Mulleres Rurais de Córgomo coa colaboración do Concello e dúas adegas do lugar: Viñaredo e Santa Marta.

magosto_córgomo_2022 (14)
As Mulleres Rurais de Córgomo, organizadoras do magosto

O menú, bolos preñados —bolo que se coce cun chourizo dentro—, viño, bica e bullotes.

magosto_córgomo_2022 (16)
A bica presente no magosto de Córgomo

Arcos, bullotes en carretillo

Arcos reuniu na zona do centro social a máis de 200 persoas que puideron degustar bolos preñados, viño, castañas asadas doces e licores.

Magosto 2022, en Arcos (Vilamartín) (7)
E do carretillo á boca pero había que soplar para non queimarse

A organización correu a cargo da asociación de veciños de arcos, as mulleres rurais e os coveiros coa colaboración do Concello de Vilamartín.

Non faltou á cita Carlos, que non parou de mover o bombo das castañas e, aínda cas primeiras quedaron un pouco crúas o saír o segundo bombo volvéronse a asar e todo listo.

magosto_arcos_2022 (3)
Estaban ricas e ao final ben asadas

O que máis chamou a nosa atención foi que os bullotes puxéronse nun carretillo e de alí íanas collendo os asistentes.

Magosto 2022, en Arcos (Vilamartín) (1)
A música en Arcos pinchouna el

A música púxoa un DJ de Arcos que fixo soar baladas e tamén pezas máis «cañeras».

magosto_arcos_2022 (2)

Fontei, 38 anos de magosto

Fontei celebrou por trixésimo oitava vez o magosto tradicional organizado pola Asociación de veciños de Fontei. Unha xuntanza popular que como significaba Enrique Rodríguez Sotelo, membro da asociación e un dos promotores desta «Xuntanza Popular». «Eu creo que leva máis de 38 anos, xa que eu recordo de mozo, antes de ir á mili facelo», subliña.

En Fontei o magosto faise coma sempre ao remate da cea —cada un na súa casa—saen á praza como se fixo sempre e, cómense as castañas asadas. Viño e castañas e se cadra como nos últimos tempos, bica. Alí bótanse unhas parolas, unhas risas e xa.

magosto_fontei_2022 (5)
Os bullotes co viño baixan mellor, en Fontei sábeno ben

Con puntualidade xermánica préndese o lume a hora indicada —este ano ás nove da noite, un pouco antes que nos anteriores— eso sí Enrique teno todo preparado desde a media tarde. Os paus, o viño, as castañas dentro do bombo....

magosto_fontei_2022 (4)
Agardando polos bullotes en Fontei, Eso sí ben abrigadiños

Así valoraba Enrique a noite de magosto: «Resultou unha noite mui participativa onde desfrutamos dun acto cheo de boa veciñanza apretados xunto a fogueira que nos daba calor. As castañas saíron mui ben asadas resaltando o seu sabor. As bicas regaladas por Artesanos Peyma endulzaron aínda mais esta noite que nos meteu na mais fonda historia das nosas raíces».

magosto_fontei_2022 (15)
Enrique dándolle voltas ao bombo

Trives desfrutou dos bullotes coa música de Assia

Longas ringleiras para facerse cos bullotes na Pobra de Trives e, é que foi unha festa en toda regla coa música do grupo Assia incluído.

Magosto 2022, en Trives (1)
Así preparaban o magosto en Trives

Viva o magosto!