domingo. 17.08.2025

O San Roque celebrouse con moita festa e campionatos de todo tipo

Un repaso polos lugares da comarca da festividade do Santo cuxo can non ten rabo: As Ermitas, Viana, Castromao, A Rúa Vella, As Casas Baratas do Barco...

Onte celebrouse a onomástica de San Roque, o santo ao que se lle pide axuda contra os virus e as enfermedades e ademáis crese que protexe aos cans e deles. Hai una oración que a xente que cre reza para que non ser mordidas por cans.

Conta a tradición que cando San Roque camiñaba en peregrinación a Roma curou a enfermos de peste collendo el tamén a enfirmidade, polo que se aillou nun monte. Conta a lenda que sobreviviu coa axuda dun can que lle levaba a comida e lle curo as feridas.

Onte celebrouse esta festividade en Viana do Bolo, O Bolo, As Ermitas, Castromao, A Rúa Vella ou O Barco e imos contar o que se fixo en cada un destes lugares.

En Viana do Bolo despois da misa e a procesión na honra a San Roque, pasarrúas coa Banda de Xinzo e pola tarde houbo baile coa orquestra Cinema.

Fotografías cedidas de la procesión de San Roque y la Asunción, en Viana realizadas por J.L. Ortíz.  (3)
Fotografías cedidas de la procesión de San Roque, en Viana realizadas por J.L. Ortíz. 

O barrio de San Roque do Barco —Casas Baratas— celebrou este 16 de agosto con dúas novidades, unha no percorrido da procesión que chegou a Praza das Airas e pasou pola rúa que leva o nome do santo . E a outra, a incorporación dunha nova imaxe, a de «San Roquín», un San Roque pequeno que o párroco Jesús Álvarez atopou na ferretería dos Crespo no casco vello. Ademais houbo torneo de tute e verbena co  Dj. Dani Argü. Tamén houbo campionato de tute.

Campeonato de tute no san Roque das Casas Baratas do Barco
Gañadores do campionato de tute no san Roque das Casas Baratas do Barco

En Castromao tamén houbo misa solemne, campionato de bolos e festa e verbena co grupo Alma Latina. Hoxe continúan as festas cunha cea popular para todos os veciños e veciñas.

A torre da homenaxe do Castelo do Bolo tínguiuese de cores durante as festas da Nosa Señora. Onte houbo pasarrúas coa charanga La Tatto e festa coa orquestra Galilea.

somoscomarca_sanroque_asermitas_obolo_aruavella_202320232664 (3)
A torre da homenaxe do castelo do Bolo tinguida de bermello mentres actuaba a orquestra galilea

A festas nas Ermitas comezaron o luns cun campionato de tute. O martes houbo campionato de natación, chave e ra. Tamén concurso de tortillas e doces. Onte no descanso da festa entregáronse os trofeos de todos estes concursos e actuou o grupo Amistades. Houbo chocolatada pola noite e tamén de madrugada.

somoscomarca_sanroque_asermitas_obolo_aruavella_202320232664 (17)
Os panos de cores adornan as rúas das Ermitas pola festa do San Roque

O San Roque na Rúa Vella comezou onte cunha misa na capela do santo que este venres irá en procesión cara a igrexa para voltar o domingo de novo.

somoscomarca_sanroque_asermitas_obolo_aruavella_202320232664 (2)
O San Roque na Rúa Vella na capela, no campo que leva o nome do santo

O San Roque celebrouse con moita festa e campionatos de todo tipo