viernes. 22.09.2023
somoscomarca_larouco_procesion_virgenremedios_2023 (20)

Fin de semana na que as festas na honra das diferentes virxes coma a dos Navallos en Celavente, a dos Remedios en Larouco, Fornelos de Filloás ou a Ermida; a do Carballal en Carballeda ou Santa María na Veiga, seguen con actos relixiosos e musicais. En canto ao deporte a cita obrigada co Memorial Jess Carrera e a bicicletada en Quiroga. 

Carballeda, festas da Virxe do Carballal

Derradeiro día de festa na que fora a capitalidade do concello carballedano e da que este toma o nome. Carballeda celebra a Virxe do Carballal desde onte. Hoxe sábado, ás 13.00 horas Misa e procesión na ermida do Carballal con sesión vermú amenizada pola charanga Europa. O baile e a verbena correrá a cargo da orquestra Dinastía.

Celavente, festas na honra da Virxe dos Navallos

A festa comezaba onte cunha «pancetada» e segue hoxe, sábado, con inchables para os nenos desde ás 17.30 horas nos Navallos, onde tamén actuará o grupo Súperstar.

somoscomarca_celavente_festadosnavallos_2023 (6)
Festas en Celavente na Virxe dos navallos

Larouco, festa dos Remedios

Onte tiña lugar na parroquia a misa e procesión da patroa a Virxe Santa María dos Remedios e hoxe continúa co campionato de Petanca ás 11.00 horas. Pola tarde ás 16.00 horas, campionato de Tute e ás 17.00 horas os máis pequechos poderán desfrutar dos xogos Infantís.

Ás 21.00 horas «pancetada popular» e sorteo de rifas. Na festa e na verbena a música correrá a cargo da disco móbil "Disco Stuu".

somoscomarca_larouco_procesion_virgenremedios_2023 (2)

A Veiga, festa na honra a Santa María

Nesta xornada de sábado actuación da discomóbil Premium.

Fornelos de Filloás, festas da Virxe dos Remedios

O sábado ás 13.00 horas misa solemne e procesión amenizada pola charanga, El Tatoo e festa pola tarde coa mesma charanga. Tamén xogo da ra. O domingo será a charanga Terras do Bibei a que amenizará a sesión vermú e as festas da tarde. A misa será na honra do Sagrado Corazón de Xesús ás 13.30 horas

A Ermida (Quiroga), festas dos Remedios

As festas comezaban o pasado 7 de setembro e hoxe sábado é o derradeiro día con misa solemne e procesión coa danza  do «Meco e as Pampórnicas», ás 13.00 horas. A sesión vermú e a festa da tarde e noite corre a cargo do grupo Talismán.

En canto a deporte, dúas citas.

O Barco, memorial Jess Carrera

O memorial Jess Carrera chega a súa sexta edición o sábado 9 de setembro. Os amantes do fútbol sala poderán disfrutar do encontro entre o Pizarras Los tres Cuñados FS e o Sala Ourense FS, a partires das 19.30 horas.

Homenaje a Jess Carrera (1)
Homenaje a Jess Carrera (1)

Quiroga, Día da Bicicleta

O Concello de Quiroga celebra a cuarta edición do Día da Bicicleta este domingo 10 de setembro. Haberá dous percorridos, un de 5 quilómetros para nenos e persoas que non lles apeteza pedalear moito e outro de 10 para os máis deportistas.

Poden participar os maiores de sete anos e é obrigatorio o uso de casco. As inscricións pódense formalizar 40 minutos antes da saída que será ás 12.00 horas desde a Praza España.

somoscomarca_quiroga_ciclismo_reto_ciclista_2022 (6)

Sabes que facer esta fin de semana en Valdeorras e arredores?