viernes. 22.09.2023
somoscomarca_arua_piraguismo_copadiputacion_piragua_2022 (15)

Comeza o mes de setembro con actividade a esgalla, cine, produtos tradicionais do norte de Portugal, festas, camiñadas polos soutos, piragüismo... Aquí detallamosche horarios e lugares a onde ir.

O Barco, cine

Remata a trixésimo segunda Semana de Cine do Barco. Este sábado estará adicado ás curtas de realizadores de Valdeorras. Tamén, coma todos os días haberá unha peli para os máis pequenos ou para aqueles que lles gusta o cine infantil.

Así, as 16.30 horas proxectarase, Hanna e os Monstros de Lorena Ares. E, «O Barco en Curto» contará con tres proxeccións: “Docu covas”, de Cristina de la Torre; "Materia que compón ou teu recordo", de Víctor Santos e “Non te vexo", de Xacio Baños.

somoscomarca_obarco_semanadecine_cineclubgrouchomarx_emiliobañosfilm_202320232746 (1)

O Barco, música

Dentro do ciclo Terrasón o domingo 3 de setembro, ás 13:00 horas, na praia fluvial do Malecón actuación de  Iker Piris & The Blue Bells.

somoscomarca_obarco_terrason_deafdogs_2023 (3)
Ciclo Terrasón o 1 de setembro en Andrés de Prada

Casaio, festas de San Xil

Rematan as festas na honra a San Xil en Casaio con misa solemne na ermita nova ás 13.00 horas. As 18.30 horas , colchonetas gratis na praza e ás 21.30 horas, festa coa orquestra Fania Blanco Show e na verbena actuación da mesma orquestra e ao remate discoteca con Venus Bibao.

somoscomarca_casaio_iglesia_2022
somoscomarca_casaio_iglesia_2022

Vilariño de Conso, festa da xuventude.

Hoxe sábado, 2 de setembro, a partires das 20.30 horas, porco ao espeto e a música correrá a cargo de You Dieguez, Dosete e Dj Sedinho.

somoscomarca_vilariñodeconso_arearecreativa_parquebiosaludable_2023927 (1)

Petín, Ruta das Bodegas

Organizada pola Asociación Cultural Fontegrande, o 2 de setembro celébrase a oitava Ruta das Bodegas. As adegas da rúa Santiago abrirán as súas portas a  partir das 20.00 horas.

Os asistentes poderán degustar paella, panceta, ucheira e, por suposto, bo viño. Entradas 10 € para adultos e 5 € para cativos. Non faltara a música que correrá a cargo dunha discoteca móbil, ás 00.00 h, na Praza.

O Barco, Feira de Produtos Tradicionais

Feira de Produtos Tradicionais do Eixo Atlántico, os días 2 e 3 de setembro, na Praza do Concello, de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 21.00 horas.

Haberá preto de 20 casetas nas que exporán e venderán os seus produtos expositores procedentes das Terras de Tras-os-montes, Viana do Castelo e Vilaflor, en Portugal, e de Valdeorras, A Coruña, Lugo e a comarca de Trives, en Galicia.

En canto a deporte destacar:

Vilariño de Conso, Roteiro dos soutos

Roteiro dos Soutos, o 3 de setembro en Vilariño de Conso. Un percorrido de 10 qm, de dificultade baixa. Ao remate haberá unha degustación no albergue de Vilariño de Conso e culminará cunha visita guiada ao Museo Etnográfico Vilariño de Conso. Inscricións no 621 08 33 62.

A Rúa, Copa Deputación de Piragüismo

Copa Deputación de Piragüismo, o 3 de setembro, a partires das 11.00 horas na  área recreativa do Aguillón da Rúa. Penúltima competición da liga provincial organizada polo Concello da Rúa, Federación Galega de Piragüismo e o Club Fluvial Barco.

somoscomarca_arua_piraguismo_copadiputacion_piragua_2022 (16)
somoscomarca_arua_piraguismo_copadiputacion_piragua_2022 (16)

Sabes que facer esta fin de semana en Valdeorras e arredores?