Sabes onde ir este 15 de agosto nas nosas comarcas?
A puntiño de rematar a ponte das festas da Asunción ou tamén da Nosa Señora atrás queda unha fin de semana festeira e de actividades de todo tipo imos polas que quedan para hoxe e mañá día de San Roque
Dentro das que xa remataron, destacar esa Feira Irmandiña que onte se celebraba por primeira vez no Bolo e atraía ata a capitalidade bolesa centos de persoas que puideron mercar productos da zona da praza do castelo, ver como traballaba o oleiro, escoitar a Banda de Música do Bolo ou facer una visita guiada polo castelo.
A Bacofesta, na Rúa; as Festas de Verán, en Quiroga, o Entroido de Verán, na Pobra de Trives; Tecendo Soños, na Veiga, Goom, no Paladium; as festas de Lentellais ou as de Buxán todas aconteceron na fin de semana e agora, que queda?
O Bolo, festas da Nosa Señora
O Bolo esperta co pasarrúas a cargo da Banda de Gaitas Abertal e xa pola tarde e a noite o grupo Yukatan e Disco Danzalia A Pimentoneta. Mañá día de San Roque, pasarrúas a cargo da Charanga La Tatto e festa tarde e noite coa orquestra Galilea e Disco Danzalia A Pimentoneta
A Pobra (O Barco), festas da Nosa Señora da Asunción.
A Proba, no Barco recuprea despois de varios anos sen festexos as festas na honra da Nosa Señora da Ascensión. Ás 13.00 horas procesión e misa na honra da Virxe da Asunción. Baile e verbena amenizados pola disco móbil Sanabria
Vina do Bolo, festas patronais
Neste 15 de agosto a festa é na honra a patrona Nosa Señora da Asunción, con misa solemne e procesión ás 12.30 horas, logo sesión vermú coa banda de música Candea.
A partires das 21,30 horas Música ap vivo con Laura Añón, Federato e Angel Sevilla e a partires das 00.30 horas ao espectáculo de son de Funçao Pública!
O mércores honrase o patrón San Roque con misa e procesión ás 12.30 horas que estará amenizada pola Banda de Xinzo quen tamén fará o pasarrúas. A orquestra Cinema porá a música pola tarde e pola noite
A Portela (Córgomo), Festas da Nosa Señora
Baile de tarde con actuación dos Brothers