jueves. 28.03.2024
Inicio da actividade de promoción do Xeodestino Manzaneda-Trevinca en Ourense. Aisiste Rosendo Fernandez, Gabriel Alen Castro e tódolos alcades dos concellos do Xeodestino.
Unha roulotte promociona o xeodestino Manzaneda–Trevinca–Valdeorras

Unha roulotte vintage promocionará o xeodestino Manzaneda – Trevinca – Valdeorras por catro cidades galegas. O presidente do Inorde, Rosendo Fernández, o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, e alcaldes dos municipios que integran este xeodestino, visitaron este vehículo promocional, na rúa Paseo da cidade ourensá, para dar o pistoletazo de saída a este campaña “Road Show”.

O vehículo, previsto no Plan de promoción deste xeodestino, estará ubicado en catro cidades galegas para dar a coñecer as potencialidades turísticas deste territorio e fomentar o tráfico nas redes sociais a través de sorteos. Esta iniciativa, organizada polo xeodestino e o Inorde, co apoio da Axencia de Turismo de Galicia, pretende difundir e promocionar esta zona. Para lograr unha maior interactuación coa xente realizaranse degustacións en momentos puntuais para enxalzar tamén os produtos enogastronómicos deste territorio.

Paralelamente, para lograr esa interacción co público a través das redes sociais do xeodestino levaranse a cabo sorteos de estancias entre aquelas persoas que suban e etiqueten nas súas redes sociais ao Xeodestino.

O itinerario desta roulotte vintagecomezou hoxe en Ourense onde estará para dar a coñecer este xeodestino entre o público final e os potenciais consumidores da oferta turística deste territorio. Mañá sábado, 4 de decembro, trasladarase ata a cidade olívica para promocionar entre os vigueses e os turistas que agora se atopan na cidade visitando as luces do Nadal, os recursos naturais, patrimoniais e enogastronómicos deste xeodestino. O domingo, 5 de decembro a roulotte estará na Coruña e ao día seguinte, o 6 de decembro, na capital galega, en Santiago de Compostela, coincidindo coa festividade da Constitución.

Este xeodestino está integrado polos seguintes municipios: A Pobra de Trives, A Veiga, Chandrexa de Queixa, Larouco, Manzaneda, O Barco de Valdeorras, O Bolo, Petín, Rubiá, Vilamartín de Valdeorras, A Rúa e Carballeda de Valdeorras. 

Unha roulotte promociona o xeodestino Manzaneda–Trevinca–Valdeorras