Rock and roll da man de Doc Magoo´s, no Terrasón do Barco

O cuarto concerto do Ciclo Terrasón do Barco trouxo ás pistas deportivas as mellores versións do rock and roll clásico

A banda monfortina de rock and roll Doc Magoo´s, con máis de 20 anos rodando por diferentes escenarios, trouxeron ao Barco as mellores versións dos grandes de todos os  tempos, fundamentalmente dos anos 60 e 70..

A actuación comezaba ás 22.30 horas, deste venres 18 de agosto nas pistas deportivas do Malecón. Neste concerto a banda versionou temas míticos da escena musical internacional: Police, Prince, Bob Dylan ou Rolling Stones e todos os asistentes gozaron, e mesmo bailaron, estos grandes temas clásicos

Este sábado volve Terrasón da man de Mazu, cantante berciana cun reportorio formado por grandes éxitos  do Pop Rock español.  Será ás 22.30 h na Praza das Escolas de Éntoma

Mazu é unha artista emerxente que quere encontrar o oco no panorama musical independente. A cantante berciana ofrecerá un repertorio no que estará presentes os temas máis soados de Amaral,Extremoduro, Preguiza, Alvaro de Luna ou Love You. Será 22.30 horas.