
O mes de agosto ferve de actividade festeira, e así cada fin de semana temos unha axenda cargadiña de música e verbena. Pero se o que queres é saber onde están as mellores zonas de baño ou facer unha ruta ou coñecer máis a bisbarra, na sección de Turismo de Somos Comarca, atoparás máis que facer no tempo de lecer.
Meda (A veiga), festas na honra de Santa María
Comezaron onte cunha cea popular e a noite do carro e continúan hoxe pasarrúas da charanga «Los Imparables», misa solemne, procesión e sesión vermú coa charanga. Xa pola tarde a partires das 18.00 horas, campionato de bolos e xincana, Festa e verbena co grupo Merengue e o remate Discomóbil Danzalia.

Pobra de Trives, festa de San Bartrolomé
En Trives levan celebrando o San Bartolomé desdeo 23 e hoxe, 26 de agosto rematan. A partires dás 20.00 horas, concerto do Orfeón de Trives, na Casa da Cultura; logo concerto Skalopndras, na Praza do Reloxo; e ás 23.30 horas, disco móbil Euphoria, na rúa San Martín.
Do día 23 ó 27 lestase levando a cabo o torneo de fútbol sala de Trives, no Pavillón Municipal.

O Barco, 32 Semana de Cine
Comezou onte coa homenaxe «Butaca de Honra» a Baños Films e o Cine Club Groucho Marx "Os Irmáns Marx no Oeste" e o concerto «Los Tres de la Noche», na Praza Maior.
A programación para hoxe sábado, 26 de agosto é a seguinte:
16.30 h - Mavka, A Guardiá do Bosque de A. Ruban.
19.00 h - A Foreign Song de César Souto Vilanova.
20.30 e 22.30 h - Sica de Carla Subirana.
Mañá domingo, 27 de agosto:
16.30 h - Mavka, A Guardiá do Bosque de A. Ruban.
19.00 h - Florencio na Terra de Domingo D. Docampo.
20.30 e 22.30 h - O Meu Crime de François Ozon.

Portela (Petín/Larouco), festa de San Vitoiro
As festas organizada pola asociación de veciños A Rabiosa ten programada unha cea popular no campo da festa a entrada do pobo e logo baile coa discoteca móbil, Apolo. Mañá domingo, pasarrúas a cargo de Abertal, misa Solemne e procesión e campionato de tute a partires das 17.00 horas. Baile e verbena a cargo de Royal Espectáculo e a continuación Dj Poti.
Lardeira (Carballeda), festas de San Vitoiro.
Ás 21.00 horas, cea popular e a continuación baile. Mañá domingo romaría. Ás 13.00 horas misa solemne e procesión, sesión vermú e baile tarde e noite coa orquestra La Travesía.

Quiroga, feira de artesanía
A Asociación de Artesáns galegos "Tarabelada", organiza a III Feira de Artesanía e Produtos Locais que terá lugar en Quiroga o domingo, 27 de agosto.

Actividade deportiva
Se o que che gusta e o deporte, Terras Altas de Trevinca propón unha ruta sinxela con moito fesco e moita sombra "Sendeiros Tradicionais” para o sábado, 26 de agosto, con 12 quilómetros de percorrido cunha dificultade media.
Mañá domingo outra ruta moi aconsellable, «Sendeiros do Xares». Distancia de 10 quilómetros e unha dificultade media/baixa. Para máis información e reservas na páxina web www.terrasaltasdetrevinca.es ou no tfno. 722 336 822.

Arqueiros do Sil organiza unha xornada de portas abertas de "Tiro con Arco". Será o 26 de agosto, ás 19.00 horas no campo de tiro do Aguillón da Rúa.
