sábado. 07.06.2025

O programa EsquiOU ampliará as prazas para a próxima edición

Na convocatoria deste ano bateuse o récord de prazas ofertadas, 870, para nenos de entre 9 e 12 anos
P_somoscomarca_240130_deputacion_esquiou_manzaneda
P_somoscomarca_240130_deputacion_esquiou_manzaneda

A Deputación de Ourense ampliará o número de prazas que oferta o programa EsquiOU, co fin de atender a elevada demanda que se rexistra para participar nesta iniciativa e que tanto éxito leva tendo desde 2015, ano da súa implantación por parte da institución provincial.

O obxectivo principal do programa, que conta cun orzamento de 71.000 euros, é que os nenos e nenas da provincia aprendan a esquiar, pero tendo tamén a oportunidade e realizar diferentes actividades lúdico-deportivas como tiro cono arco, sendeirismo, multiaventura, vivacs (realización dun refuxio con materiais da natureza), orientación ou natación.

Ademais dunha nova ampliación de prazas para a edición de 2025, Luis Menor tamén avanzou outros cambios no desenvolvemento do programa, como un novo modelo de rexistro que facilite a inscrición dos escolares, «en liña coa aplicación dunha administración electrónica máis eficiente e de fácil acceso á cidadanía».

A duración da estancia é de tres días e dúas noites, sempre de luns a mércores, cun custe para as familias de 29 euros (o resto do custe do programa está subvencionado pola Deputación), e inclúe aloxamento e pensión completa, clases impartidas polos monitores da Escola de Esquí e snowboard, material deportivo (esquís, fixacións, botas, bastóns e casco), remontes (forfait do día), transporte, contratación do correspondente seguro de viaxe, e monitores acompañantes durante a viaxe.

Como novidade neste ano, ademais da ampliación de prazas, a Deputación habilitou unha nova liña de comunicación a través dun código QR, que permite aos familiares estar informados en cada momento do que acontece durante a estadía dos menores en Manzaneda.

Así e xunto coa información relativa a horarios, actividades, normas ou listado de materiais, achegouse un QR que, logo do seu escaneo, facilita o acceso a un grupo de WhatsApp no que os propios monitores da estación de montaña informan e documentan con imaxes as actividades que a rapazada está a desenvolver.

O programa EsquiOU ampliará as prazas para a próxima edición