Os Reis Magos de Oriente recorreron as nosas terras par iluminar a cara dos máis pequenos, sobre todo, pero tamén as de todos os que dun xeito ou doutro nunca deixamos de crer na súa maxia, aínda que algunhas veces coste atopala.
Valdeorras, Terras de Trives, Viana ou Vilariño vamos ir a través das imáxes a cada un destes lugares onde os reis estiveron presentes.
As residencias de anciáns foron uns dos lugares máis visitados, será por iso de unha vez vello dúas veces neno? Sexa ou non certo o dito o caso é que os maiores desfrutaron coma raparigos.
O Barco
No Barco os Reis Magos comezaron o percorrido polas principales rúas da Vila ás seis da tarde desde a estación de autobuses para acabar saudando aos presentes desde o balcón do Concello vello.

Unha morea de xente acompañounos durante todo o percorrido e, é que había moitas ganas de cabalgata. Galería de imaxes da cabalgata de O Barco, aquí.
A Rúa
O punto de partida na Rúa foi a estación do tren desde onde sairon para visitar os diferentes barrios e parroquias. Vilela, Igrexa de Santo Estevo, Igrexa de Fontei ou o barrio de Fátima foron algunha das súas paradas.
Chegaban uns minutiños despois das sete da tarde á Praza do Concello envoltos nunha nube de pompas. Os nenos agardaron pacientes e esbozaron un gran sorriso cando as súas maxestades lle preguntaban polo ue pediran para a noite máxica.

Ao pouco de chegar os fogos de artificio iluminaron o ceo e deixou abraiados a moitos dos que alí estaban. S queres ver a galería da cabalgata da Rúa preme aquí.
A Veiga
Na Veiga a xornada comezou ao mediodía, cando os nenos e nenas, acompañados por membros da banda de gaitas, realizarán un "Canto ou Aguinaldo" polas rúas do Concello.

Xa pola tarde. recorreron as rúas da vila. A primeira parada foi na Residencia Santa María, onde tras pasar un bo intre cos maiores tomaron rumbo ao Toural para atoparse cos pequenos e escoitar as últimas peticións. Ao remate unha chocolatada con rosca de Reis.
Rubiá
En Rubiá la cabalgata de Reyes volveu ser estática. A partir das catro da tarde Melchor, Gaspar e Baltasar chegaban á Praza do Concello para recibir a todos os nenos e agasallalos con lambetadas.

Petín
En Petín os Reis chegaron en carros tirados polos Bois de Mario que un ano máis causaron gran expectación. Unha praza ateigada de xente recibía aos Magos que se baixaron dos carros para andando ir ata o Teleclub onde se situou un belén vivinte formado polos nenos e nenas do concello.

Os Reis tamén escoitaron as últimas peticións e fotografiáronse con todos aquele que llo pediron. Para ver as maxes dos Reis en Petín, preme aquí.
Larouco
Tras moitos anos os Reis Magos voltaron a Larouco onde ademáis de bailar e brincar visitaron a residencia de maiores. A asociación Elena Morana foi a que se encargou de realizar os seus traxes. No adro da igrexa música, torta de roxóns e bailes populares.

Se queres ver a galería de fotos dos Reis en Larouco, preme aquí.
Vilariño de Conso
As Súas maxestades madrugaron neste Concello. Sairon en carroza ás once da mañá para levar os agasallos en persoa polas 16 parroquias.

Pobra de Trives
Na Pobra de Trives as rúas ateigadas de xente foron testemuña dunha espectacular cabalgata na que a carroza onde viaxaban os Reis abraiou aos presentes. Espectáculo de cor, ritmo e son polas rúa de Trives para acender a ilusión.

Manzaneda
En Manzaneda os Reis elexiron o tractor para desplazarse polas rúas da Vila. Foron á residencia de anciáns, ao colexio e tamén escoitaron as peticións dos pequenos.

San Xoán de Río
As súas maxestades estiveron percorrendo o Concello para rematar no centro social onde agardaba unha gran chocolatada.

Viana do Bolo
A Cabalgata dos Reis Magos recorreo as parroquias e aldeas do Concello repartindo caramelos aos asistentes