Unha gran cea popular une aos veciños de Roblido (A Rúa)

Máis de 110 persoas congregáronse nunha das prazas da aldea, preto da igrexa, para degustar o variado menú ideado pola Asociación de Veciños formada por Mari Fe, Raquel e Belén

Este sábado 22 de xuño arrincaban as Festas do San Xoán en Roblido coa súa tradicional cea popular, e xa van  máis de 10 anos. Ás 21.30 horas comenzaba este banquete cun menú composto por: entremeses ibéricos, paella, viño, postres, café e chupitos.

Ó remate da cea chegou a actuación do Dúo Explosión, que ademáis de facer bailar aos asistentes co ritmo da súa música, tamén se convertiron en xuices do concurso de postres organizado pola comisión, con agasallos para o primeiro, segundo e terceiro.

O domingo 23 de xuño, a festa continua coa misa e procesión na honra a San Xoán, ás 13.00 horas e pasarrúas.