
Chegou xa o segundo día festivo do verán máis agardado por todos: o 15 de agosto, día da Asunción da Virxe. Numerosas festas na súa honra, cine de verán no Barco e en San Xoán de Río e unha nova parada das Xornadas de Folclore, hoxe en Viana do Bolo.
Festas na honra á Asunción
Numerosas son as vilas e municipios que hoxe renden culto á Virxe da Asunción. En total son oito. Arrincamos por Viana do Bolo onde a festa na honra da Virxe dará paso á de San Roque. Neste 15 de agosto procesión e misa polas rúas de Viana acompañada pola banda de música Candeason que tamén fará a sesión vermú. Apartires das 10.30 horas na Praza Maior Xornadas de Folclore para rematar coa actuación de Funçao Públika.

A Pobra (O Barco), ás 13:00 horas celebrará procesión e misa solemne. Xa pola noite, a partir das 21:00, festa e verbena coa Discomóbil Danzalia.
Chegamos até Vilanova (O Barco), onde celebran Misa ás 12:00 horas e logo sesión vermú. Xa na sesión de tarde e na verbena contarán co Grupo Café Olé.

En Portela (Vilamartín) hoxe é o día grande con misa solemne e procesión; e baile e verbena co grupo Cerbatana Show.
En Cepedelo (Viana do Bolo) arrincan cun pasarrúas con gaiteirada ás 11:00 horas. Xa ás 13:00 horas Santa Misa e ás 13:45 sesión vermú. Pola tarde, a partir das 17:30 horas chega o deporte co tradicional Torneo de Bolos e Rá; e ás 20:00 verbena con disco móbil Sandro.
Se nos achegamos até Lamalonga (A Veiga) haberá pasarrúas a cargo do grupo de gaitas Abertal. Logo, ás 12:30 horas comezará a Misa Solemne. Xa pola tarde haberá colchonetas a partir das 18:00 e actuación da Orquestra Triunfo —ás 20:30 horas— e fin de festa co Dj Tariro.
Finalmente, no Castelo (Rubiá) hoxe arrincará a xornada festiva cun pasarrúas con gaiteiros. Ás 11:00 horas celebrarase a Misa Solemne e procesión. Ás 18:00 comezará a Festa da escuma e baile tarde-noite co Dúo Musilar.
Cine ao aire libre e Xornadas de Folclore
Dentro da programación de verán do Barco, hoxe proxectarase a película "Mario Bros" ás 22:30 horas na praza Maior. E, se nos achegamos até San Xoán de Río, alí poderá verse o filme "+Cuñados" ás 22:00 horas na área recreativa A Veiga
Finalmente proseguen neste día festivo as Xornadas de Folclore, neste caso, en Viana do Bolo ás 22:30 horas na praza Maior.