sábado. 07.06.2025

O Condesa de Fenosa aposta por hábitos de vida saudables

Durante estes días, dende o centro, traballan na concienciación do alumnado no coidado da saúde, dende a alimentación e os hábitos saudables deica os coidados sanitarios dos primeiros auxilios
P_somoscomarca_240126_obarco_condesadefenosa
O Condesa de Fenosa aposta por hábitos de vida saudables

O Colexio Condesa de Fenosa embarcase noutra actividade máis, fai unhas semanas anunciaba que participaba no concurso "Nós tamén creamos" e agora é momento de centrarse na saúde. 

Durante estes días, dende o centro, traballan na concienciación do alumnado no coidado da saúde, dende a alimentación e os hábitos saudables deica os coidados sanitarios dos primeiros auxilios. 

No que atinxe aos hábitos de alimentación, ademais das recomendacións dietéticas que achegan na minuta mensual do comedor, levan xa quince días co plan de almorzos saudables. Para isto, durante a hora do recreo fan entrega dunha peza de froita e un brik de leite a todo o alumnado do centro. 

En canto ao que se refire aos coidados sanitarios participaron nun obradoiro de primeiros auxilios. Foi principalmente práctico, para facilitar a ensinanza. Ensinouse de maneira lúdica a actuar fronte a determinadas situacións que poden afectar á saúde dos alumnos, pero, tamén a das persoas que os rodean. 

Neste obradoiro participou o alumnado de 3º e 4º curso de primaria. Elixíronse estes cursos por recomendación da OMS que aconsella realizalo antes dos 12 anos. Ao remate do obradoiro, todos os nenos e nenas recibiron un diploma que acredita o aprendido nestas actividades. 

O Condesa de Fenosa aposta por hábitos de vida saudables