jueves. 05.06.2025

Entre pinchos e compras a praza de abastos do Barco foi un «fervedeiro»

Ao longo da mañá deste sábado 25 de maio a praza de abastos do Barco celebrou o Día do Mercado con agasallos, pinchos e un circo de rúa cos malabares de Kote Malabar

A campaña "Quere o teu mercado", organizada pola Xunta de Galicia para "incentivar o consumo de productos frescos e a compra de proximidade", encheo a praza de clientes, e non clientes, que se atoparon cun ambiente moi festivo e que valoraron de forma moi positiva.

somoscomarca_20240525_obarco_mercado_plazadeabastos_diadomercado_placeros (32)

O máis sorprendente foi descubrir un  mercado cheo de cativos, uns "clientes" pouco habituais, pero que gozaron, e moito, co espectáculo do circo de rúa, con malabares, da man de Kote Malabar

somoscomarca_20240525_obarco_mercado_plazadeabastos_diadomercado_placeros (22)

Unha mañá moi animada cun ir e vir de xente, e que sobre todo, encomiaron os petiscos que estaban a disposición de todos os asistentes. Sacarónse  arredor de 150 pinchos, uns 20 por cada posto do mercado, elaborados por Oliver Fernández, de Como en Casa, con productos da propia praza.

Dentro desta campaña o Concello do Barco repartiu bolsas rotuladas, que ás 12.00 horas da mañá xa estaban esgotadas, para que todos os praceiros as entregaran aos clientes.

No seguinte video podedes escoitar as diferentes declaracións realizadas para este medio da concelleira de Comercio e Turismo, Alba Rodríguez, o alcalde do Barco, Alfredo García, clientes e praceiros. 

Dando unha volta pola praza de abastos do barco:

Entre pinchos e compras a praza de abastos do Barco foi un «fervedeiro»