O lume chega a Robledo de Domiz
Ás 10.00 hora de onte, domingo 17 de xullo, dabamos a noticia co incendio que se orixinaba na parroquia de Riodolas estaba controlado, pero apenas cinco horas despois O Barco convertíase nun inferno. O rescoldo que quedaba na bagoada de Candeda activábase, en apenas unha hora as lapas baixaban a Alixo, pasaban a Coedo, Viloira, Vilariño, Santigoso, Soulecín e Santa Mariña. Un xiro do vento poñía en perigo Raxoá, Millarouso e San tuxo.
A noite e a inversión térmica calmou un pouco o lume devorador pero ca chegada do mediodía o monstruo volveu espertar. Candís, Éntoma, Rubiá, a Serra da Enciña da Lastra...
Robledo de Dómiz e a zona de Carballeda tamén periga, de Candís o lume volveu pasar a Dómiz cruzou a serra e agora mesmo está pretiño das casas.