lunes. 09.06.2025

A cultura tradicional da vida rural chega ao xardín temático de Sobradelo

O mes de decembro chega ao parque temático con novas figuras de madeira que evocan ao frío, a matanza, as xuntanzas familiares entrono ao fogo, ós deportes de inverno e o Nadal

Sobradelo "viste" o seu xardín cunha recreación da "matanza". Unha tradición, que ademáis da importancia culinaria ten un compoñente social e festivo, xa que é unha excusa para reunións familiares e de amigos, mantendo vivas costumes ancestrais.

Comenzamos o percorrido coa escena da elaboración dos chourizos. Así podemos ver a unha operaria adobando a carne na bañadeira; outro movendo a maquina de onde saen e o resto dividindo e atando un a un. Unha vez rematada esta tarefa pasamos a outra  zona onde xa os atopamos colgados e co lume debaixo para secar e afumar

somoscomarca_20241130_sobradelo_jardintematico_matanza_invierno (2)

Seguimos avanzando, e vemos uns xamóns colgados, outro acarreando leña e un grupo facendo lume no chan para asar e probar os chourizos cun anaco de pan e un grolo de viño, que como manda a tradición, mellor beber da bota.

somoscomarca_20241130_sobradelo_jardintematico_matanza_invierno (5)

O frío e a neve son outras das representacións deste parque temático e están representados con operarios ben abufandados quitando a neve, un esquiador gozando do deporte rei do inverno e un moneco de neve, que xa nos trasporta ó Nadal. A caza, outro dos deportes de inverno, tamén está representado con cazadores coa escopeta ó hombreiro e acompañados do seu perro.

somoscomarca_20241130_sobradelo_jardintematico_matanza_invierno (6)

Este xardín está situado entre o paso por debaixo da vía e a estación de tren de Sobradelo, para o goce de todos aqueles que se acheguen a localidade, sobre todo, os máis pequenos. 

A cultura tradicional da vida rural chega ao xardín temático de Sobradelo