domingo. 06.07.2025

Controlado o incendio forestal en Casaio, Carballeda de Valdeorras

Comenzaba o venres en torno ás 6 da mañá e quedaba controlado 40 horas dispois
somoscomarca_rubia_incendio_3peñasmarias_202320232682 (6)

O incendio forestal declarado na parroquia de Casaio, no concello ourensán de Carballeda de Valdeorras, foi dado por controlado pola Consellería do Medio Rural ás 18:20 horas deste sábado, 5 de xullo.

O lume comezou ás 06:16 horas do venres e, segundo as estimacións provisionais, afectou arredor de 40 hectáreas de superficie. Nos labores de extinción participaron 2 técnicos, 9 axentes, 19 brigadas, 9 motobombas, 1 pa, 2 unidades técnicas de apoio, 8 helicópteros e 1 avión.

A Consellería lembra á cidadanía que está dispoñible o teléfono gratuíto 085 para alertar de calquera lume forestal. Tamén se pode empregar o número 900 815 085, anónimo e gratuíto, para denunciar actividades incendiarias sospeitosas. A información actualizada sobre incendios que superen as 20 hectáreas pode consultarse en @incendios085 na rede X (antes Twitter)

Controlado o incendio forestal en Casaio, Carballeda de Valdeorras