Carballeda de Valdeorras honra a Nosa Señora do Carballal

Numerosos devotos participaron na procesión coa imaxe da virxe acompañada de Santa Ana e San Joaquín polos arredores do Templo 

O Santuario da Nosa Señora do Carballal, situado a uns 900 m de altura nas proximidades da Serra do Eixe, concretamente nun terreo da Comunidade de Montes de Carballeda, Bascois e Santa Cruz, custodia a imaxe da Virxe, que esperta cada ano unha gran devoción entre os veciños de Carballeda e de pobos limítrofes.

Os propios habitantes da Vila son os encargados de engalanar a Virxe e ó Santuario para o seu gran día. Así, nesta mañá do 7 de setembro, e acompañada de Santa Ana e San joaquín, saía  en procesión polos arredores da Ermida seguida dos fieis e acompañada da charanga TDB.

Os festexos continuaron, xa no pobo de Carballeda, coa sesión vermú a cargo da mesma charanga. Pola tarde haberá un campionato de tute, xogos populares e inchables para os cativos. O baile correrá a cargo da orquestra Escaparate, que actuará en sesión de tarde e noite.