miércoles. 04.06.2025

Xa se pode solicitar permiso para as queimas de restos agrícolas e forestais

incendio medio rural
brigada

O mércores 10 de abril será o primeiro día no que se poderán realizar queimas previamente comunicadas

As condicións meteorolóxicas favorables dos últimos días permiten levantar as restricións que había até o de agora.

Segundo se anuncia na páxina web da Consellería do Medio Rural desde hoxe luns, 8 de abril, xa se poden tramitar permisos para facer queimas de acordo coa normativa de aplicación. Desde o luns, 25 de marzo suspendéranse debido ao elevado de incendios por mor das condicións meteorolóxicas e as altas temperaturas. As choivas e neves dos últimos permiten que se levante a restricións.



A partir de xa, poderanse realizar as comunicacións e solicitudes de autorización de queimas a través da web da Consellería do Medio Rural de acordo co establecido no artigo 34 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia. Ademais, en días laborables, tamén estará a disposición dos cidadáns o teléfono 012 para comunicar as queimas.

A seca dos últimos meses fixo que se producisen incendios moi preto das vivendas

Os cidadáns que desexen queimar restos agrícolas amoreados nas zonas que determina a devandita lei nos períodos habilitados deberán comunicalo dous días antes. No caso de queimas de restos forestais amoreados, deberase solicitar unha autorización, xa que o proceso de tramitación é maior. En todo caso, lembramos que as autorizacións e comunicacións deixan de ter validez nos días que hai vento e altas temperaturas.

Xa se pode solicitar permiso para as queimas de restos agrícolas e forestais