jueves. 28.03.2024

Baixo o lema «non ao peche das piscinas municipais» e convocados polos sindicatos UXT e CCOO, medio centenar de persoas concentráronse na tarde do xoves 7 de xuño ás portas do Concello Vello do Barco, entre os que se atopaban os traballadores actuais contratados pola empresa concesionaria, que esixen a subrogación dos contratos.

A hora da concentración, as 19:00 horas, coincidía ca celebración do pleno ordinario do mes de xuño. As consignas podíanse sentir dende a sala de plenos do Concello mentres Aurentino Alonso, concelleiro de Deportes do grupo de goberno, describía as razóns polas que o ente municipal optaba pola rescisión do contrato coa empresa concesionaria, Viaqua, de mutuo acuerdo.

Traballadores da piscina cuberta e público asistente ao pleno

O grupo de persoas alí concentradas acudía ao salón de plenos do Concello tralas protestas, e asistían finalmente a unha aprobación da rescisión do contrato coa empresa Viaqua cos votos do goberno socialista máis os do grupo da oposición popular, un total de 16, frente a único voto en contra de Riada Cidadá.

Medio centenar de persoas contra o peche da piscina cuberta