martes 24/5/22

O doutor Lamela foi durante moitos anos o xefe do Servicio de Neumoloxía do Complexo Hospitalario de Ourense

Mañá martes 26 de novembro, ás 12 horas, terá lugar unha conferencia sobre "Os riscos do tabaquismo" que será impartida polo doutor Joaquín Lamela López no Centro Tecnolóxico da Pizarra, en sobradelo de Valdeorras.

O doutor Lamela foi durante moitos anos o xefe do Servicio de Neumoloxía do Complexo Hospitalario de Ourense. É membro da Sociedade Torácica Americana, da Sociedade Española de Neumoloxía e da Sociedade Portuguesa de Neumoloxía; entre outras organizacións médicas.



Dende 1991 a 1995, tamén foi presidente da Sociedade Galega de Patoloxía Respiratoria, ademais de dirixir distintos traballos de investigación, conferencias e congresos nacionais e internacionais.

Esta ponencia desenvolverase no marco da campaña de prevención e loita contra o tabaquismo que iniciou este mes o Clúster da Pizarra de Galicia. Dentro das accións que se emprenderán nesta campaña, ademais desta conferencia tamén se realizarán outras iniciativas coma o deseño, impresión e distribución de carteis e dípticos informativos entre as empresas, os concellos de Valdeorras, e os municipios máis importantes das zonas próximas de Ourense e Lugo

Conferencia sobre os riscos do tabaquismo de Joaquín Lamela López