jueves. 18.04.2024

As predicións meteorolóxicas para a xornada para o 13 de decembro daban neve por riba dos 1.000 metros nas comarcas de Valdeorras e Terras de Trives e cumpríronse os pronósticos.

Na zona de Casaio nevou cara o mediodía, deixando a estrada OU-122 cunha fina capa de neve. A cuña do quita neves está nestes intres a despexar a estrada xa que é  unha hora de bastante tráfico pola saída dos traballadores das canteiras.

Segundo Meteogalicia os ceos estarán con nubes e claros até o final do día, aínda que cara a metade do mesmo tenderán a estar moi anubrados. Agárdanse que poderán ser de neve pola tarde. As temperaturas serán altas para as mínimas e normais para as máximas respecto ó habitual nesta época do ano, con mínimas sen cambios aínda que oscilarán e máximas en descenso moderado. En canto ó estado da calidade do aire, manterase bo en termos xerais.

Na estación de Lardeira a temperatura mínima foi de -1,9º e a sensación térmica de -4,9º con tendencia a subir. Refachos de vento de 91.6 Km/h. A chuvia acumulada é de 5,7 L/m2.

Para as próximas horas nos se agardan cambios considerables.

A neve déixase ver de novo nos altos de Valdeorras