viernes. 19.04.2024

Dende o Concello da Veiga ofertan diferentes subvencións con fin de reactivar o sector económico da localidade

O Concello da Veiga anunciou que vai a realizar unha reconstrucción por sectores da súa economía local, así como un apoio inexcusable social a grandes e pequenos, destacando que nestes intres resulta esencial a colaboración da administración cos empresarios.

Este plan incentiva a reactivación da economía local e a súa vez dar seguridade a veciños e turistas, sendo o obxectivo propoñer medidas xerais como específicas, de seguridade e prevención para o desenvolvemento da actividade sectorial na nova normalidade.

Así mesmo dende o consistorio destacan a importancia de que os locais teñan máquinas de ozono, material sanitario ou un protocolo de actuación para conseguir a confianza dos veciños e visitantes.

Os máis de 25 locais e establecementos de maneira uniforme apostarán todos xuntos por converterse nun lugar seguro nun destino protexido, por eso a idea será implementar medidas en todos os establecementos abertos ao público para evitar futuros contaxios.

Dentro do plan estratéxico adaptaránse dúas medidas destinadas a todos os establecementos e locais abertos ao público no concello.

1º- Subvencións do 70% do custo total para máquinas de ozono.

2º- Subvencións do 100% para a compra de EPI'S (Guantes, mascarillas, traxes, gorros, xeles hidroalcohólicos...) cun máximo de 100 euros por establecemento.

3º- Gastos xerais do local (Aluguer, electricidade...) unha subvención ao 100% do custe elexible.

O prazo para solicitar estas axudas será dende o vindeiro luns 11 de maio ata o luns 18. Poderán reservar a súa cita previa no Concello chamando ao número 988 35 00 00.

Para todos os concellos que desexen recibir subvencións ou reabrir os locais deberán cumprir con varios requisitos:

Deberán cumprir uns protocolos de hixiene e saúde que o Concello lle entregará a cada un deles de maneira individualizada.

Estableceran puntos negros que mellorarán sendo asesorados por un profesional.

A Veiga lanza medidas para converterse nun lugar seguro