viernes. 29.03.2024

As rúas engalanadas polos veciños con materiais da natureza e os produtos gastronómicos do territorio foron os protagonistas nesta xornada na que se da o pistoletazo de saída a ilusión do Nadal.

Ás 12.00 horas quedaba inaugurada a terceira Feira Montañas de Trevinca, onde ademais de mercar produtos da Veiga como a mel, o queixo ou as Fabas Lobas púidose degustar filloas con mel ou de sangue é un viño quente e doce con sabor a canela.

Falamos coa xente dos postos e tamén coas mulleres que fixeron as filloas, no seguinte vídeo poderedes saber como se fan:

Tamén percorremos as rúas engalanadas con loureiros, acivros, cantarolas, polas de carballo e unha morea de figuras feitas polos artesáns que levan dentro un gran artista.

Feira montañas  trevinca_nadal enxebre_aveiga (37)

O que máis nos engaiolou foi un conxunto de «duendes» xigantes no barrio da Pateira onde ademais está o colexio que tamén tiña figuras moi «chulas» relacionadas co ensino. Cegoñas, xabarís, mouchos, burros e un bo número de animais adornaban toda a rúa.

Feira montañas  trevinca_nadal enxebre_aveiga (2)
Os doendes da Pateira coa persoa que os tallou

Outra zona que chamou a nosa atención foi a rúa do Campo. Un cocho no chamberí, os chourizos colgados, o lume na lareira..., e todo feito en madeira de magnitudes moi, moi grandes.

Feira montañas  trevinca_nadal enxebre_aveiga (44)
Esta é unha das esceas máis admiradas

Na praza do Concello un belén, tamén tallado en madeira, cos Reis Magos e ata un carro tirado por unha parella de bois e un  cercado con ovellas.

Feira montañas  trevinca_nadal enxebre_aveiga (29)
Os bois da Praza do concello

«Non se pode decorar todo un pobo enteiro coma este se non tes veciños tan especiais como hai aquí», afirmou Juan Anta.

Feira montañas  trevinca_nadal enxebre_aveiga (24)
Detalle dos nenos en pupitres ao carón do colexio

Este é o vídeo onde podes recorrer con nos un pouquichiño dese Nadal Enxebre:

«Hai que vir a Veiga a desfrutar da nosa gastronomía e dos produtos agroalimentarios da nosa terra que hoxe inauguramos», dicía Juan Anta, alcalde da Veiga.

Feira montañas  trevinca_nadal enxebre_aveiga (93)
Desfrutando das saborosas filloas na Feira Montañas Trevinca

O rexedor invitaba así, a todos os que queiran achegarse á Veiga durante estas datas: «Desfrutar do traballo duns veciños que queren facer un Nadal especial, distinto, no que a xente se sinta especialmente orgullosa das súas raíces. Eles converten un pobo precioso nun pobo marabilloso». E, é que A Veiga cada Nadal convértese nun lugar máxico e cheo de cousas sinxelas que poñen en valor o poder da unión dun pobo.

Feira montañas  trevinca_nadal enxebre_aveiga (119)
Rosa e Luisa, facendo e servindo as filloas

A Feira de Montañas de Trevinca cada ano ofrece algo novo para que o que vai unha vez volva ao ano seguinte. «Sempre facemos cousas novidosas, este ano sorteo de produtos de alta montaña a todos aqueles que fagan unha compra superior a seis euros. Hoxe houbo degustación de filloas e viño quente e mañá outra degustación ás 13.30 horas», aseguraba Anta. «O que se pretende é que cada ano haxa novidades para que a xente siga vindo», subliñaba.

Feira montañas  trevinca_nadal enxebre_aveiga (129)
A Banda da Veiga amenizou a inauguración da feira

«Na Veiga pasa todo o que está a pasar, primeiro por que hai xente que se involucra desta maneira. A segunda é que hai un equipo de xente traballando no Concello que é sempre de agradecer e que sempre está colaborando e trabando», apuntou.

Feira montañas  trevinca_nadal enxebre_aveiga (9)
Volvoretas na zona da Pateira

A Feira estará aberta hoxe sábado e mañá domingo desde as 12.00 horas até as 18.00 horas. O Nadal Enxebre adornará as rúas da Veiga ata pasar os Reis

Conversa mantida con Juan Anta:

A Veiga vestiuse ca fermosura do «Nadal Enxebre» e encheuse de «Sabores de Trevinca»